17 de maio | Día das Letras Galegas
…
A casa do Serán está apartada da veciñanza, ten un curral aberto e un patín con escaleiras pola banda da horta por onde se vai para a sala da festa. Atravesamos polo portelo aberto de propio intento, porque os rapaces, en vinganza dos desprezos das mozas, fan algunhas falcatruadas no subidoiro. A porta, vella e despintada, ten ferrollo de lingüeta e longas regandixas polo medio. A sala é ben grande.
Nunha lacena gárdanse os panos das mozas. No fondo da sala, a porta que dá ao pasadizo. Colgada na parede da dereita, entre dúas ventás, alumea a estancia unha luz de carburo.
As mozas están sentadas ao redor, pola beira das paredes, para deixar sitio para o baile, gravitación popular en torno á danza. Dúas tocan as pandeiretas e van botando coplas agarimosas de saúdo para os que chegan
Ben venido, ben venido,
ben venido de chegada
esa vosa ben venida
érache ben deseada…
As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade.
Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán.
Discurso lido o día 8 de maio de 1956 no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Antonio Fraguas Fraguas
Comentarios recientes